LogoWebSB

Ramón Blanco recibiu o XXIX Premio do Poesía Eusebio Lorenzo Baleirón, co que foi galardoado pola súa obra Se pedra na brétema. O premio outórgase polo Concello de Dodro en memoria do poeta local.

O xurado destaca a coherencia interna dunha obra estruturada como un longo poema fragmentado no que se plasma o diálogo entre a fisicidade da escrita e as conversas interliterarias doutras correntes.

Ramón Blanco Fernández (1979) é licenciado en Filoloxía Galega, reside en Cando (Outes). Formou parte desde moi novo do Colectivo Sacou de Noia. Publicou poemas nas revistas A Caramuxa e A Casa da Gramática. Ten experiencia no sector da edición, no ensino secundario e como xornalista cultural.

A obra Se pedra na brétema será publicada proximamente por Sotelo Blanco.

Noticias

Novidades da Trabe