A cidade das mulleres

Email
Acidadedasmulleres.jpgAcidadedasmulleres.jpg

Prezo
16,00 €
Prezo / kg:
Descrición

Cristina de Pizán formúlalle á dona Razón a pregunta de se ten permitido Deus que a muller acceda ás ciencias máis elevadas. A resposta contén o núcleo do programa co que se podería acadar a aínda non conseguida igualdade entre mulleres e homes: «Porfío no parecer, e ninguén poderá manter o contrario, de que se fose costume mandar as nenas pequenas á escola e ensinarlles as ciencias con método, como se fai cos nenos, elas aprenderían e entenderían os segredos de todas as artes e as ciencias tan ben coma eles». A diferenza, pois, non é natural, senón cultural, resultado das decisións humanas. A actualidade do pensamento desta muller que viviu nos séculos XIV-XV demostra que non necesariamente é progreso todo avance no tempo.

Autor/a:
Cristina de Pizán
ISBN:
978-84-7824-446-8
Encadernación:
Tapa dura

Noticias

Novidades da Trabe