O náufrago

Email
Narrativa

Prezo
5,00 €
Prezo / kg:
Descrición

Nos confíns da Costa da Morte rexistráronse ó longo do século XIX naufraxios arrepiantes cuxos pormenores foron recollidos por cronistas locais e polos xornalistas daquela época. Envoltas nunha nebulosa, ás veces convertidas en lendas, tivemos coñecemento destas traxedias mariñas dun xeito parcial e inexacto. As crónicas de tales naufraxios remataban cun breve relato das súas causas, un reconto de mortos e desaparecidos e a cifra abraiante dos que salvaron a vida. Despois un silencio de ultratumba, coma unha lousa, condenounos ó esquecemento.

O náufrago é a historia de John Mac Barbour, un mozo escocés, tripulante do City of Agra, buque que se esnaquizou nos baixos de Canesudo (Arou-Camelle) o 3 de febreiro de 1897. O relato comeza no amencer daquel fatídico día e recolle as vicisitudes da súa vida, o que lle aconteceu ó intrépido escocés naquela terra afastada do mundo, onde o destino lle tiña reservadas aventuras e desventuras sen límites. O náufrago é, ademais, a crónica dunha época na que a xente dos confíns da Terra arrastraba o fastío dos días entre penurias e supersticións.

Autor/a:
Xosé Antonio Pet Posse
ISBN:
978-84-7824-584-0
Páxinas :
260

Noticias

Novidades da Trabe