A dama solitaria & Fantomina

Email

Prezo
6,00 €
Prezo / kg:
Descrición

Eliza Haywood foi unha escritora moi prolífica e popular na Gran Bretaña do século XVIII. Actriz, dramaturga, novelista, tradutora e editora de xornais, podemos afirmar que é difícil atopar algunha muller da época con máis actividade no mundo das letras. A dama solitaria e Fantomina son dous bos exemplos da narrativa que Haywood escribiu durante a década de 1720. A primeira é unha historia de sedución e abandono que reivindica o desexo feminino e apela á solidariedade entre mulleres. Fantomina é unha fantasía de liberdade feminina que xoga co carácter performativo das relacións interpersoais, presenta unha alternativa á literatura de sedución e abandono, e explora as complexidades do amor.

Autor/a:
Eliza Haywood
ISBN:
978-84-7824-601-4
Encadernación:
Tapa dura

Noticias

Novidades da Trabe