O moinante I e II

Email

Prezo
6,00 €
Prezo / kg:
Descrición

Aphra Behn escribe no período da Restauración (século XVII). Muller comprometida que non permanecerá allea nin á situación política da súa época nin á realidade da muller utilizará a comedia para reivindicar os dereitos femininos ante a situación social e cultural que lle tocou vivir. O moinante (1677) é unha comedia que desenvolve a súa trama en Nápoles. O Entroido permitiralles aos personaxes teceren enredos e que as protagonistas manexen os acontecementos para acadar os seus obxectivos. A segunda parte do moinante (1681) continúa as andainas de Willmore, protagonista de ambas as dúas comedias. Desta volta, Madrid presta as súas rúas aos enredos de amor de novas protagonistas que conseguirán os seus propósitos a forza de enxeño e valentía.

Autor/a:
Aphra Behn
ISBN:
978-84-7824-518-5
Encadernación:
Tapa dura

Noticias

Novidades da Trabe