Exóticas e escritos xornalísticos

Email

Prezo
6,00 €
Prezo / kg:
Descrición

Sofía Casanova foi unha pioneira no eido do xornalismo feminino. Desempeñou con gran responsabilidade o traballo de correspondente de guerra. Os seus escritos amosaron a axitada historia de Europa. Testemuña en San Petersburgo da Revolución rusa, nas súas crónicas transmitiu «a verdade vivida» e explicoulle ao lector español as entrañas da política rusa. A súa cultura fixo que clamase pola paz desde as páxinas do xornal e denunciase ante a cúpula militar española que a guerra é a maior das inmoralidades humanas. Anos despois, sufriría en Polonia a ocupación nazi, presenciaría o aniquilamento do gueto xudeu e a total destrución de Varsovia. Permaneceu illada e esquecida ata a súa morte acaecida en Poznan en 1958.

Autor/a:
Sofía Casanova
ISBN:
978-84-7824-546-8
Encadernación:
Tapa dura

Noticias

Novidades da Trabe