Areaquente

Email
O fotógrafo Cristovo do Val, fuxindo da dolorosa experiencia do desamor, mergúllase nas desoladas ruelas de Areaquente

Prezo
12,00 €
Prezo / kg:
Descrición

O fotógrafo Cristovo do Val, fuxindo da dolorosa experiencia do desamor, mergúllase nas desoladas ruelas de Areaquente, un páramo baleiro, devorado pola seca e polas tormentas de area; Areaquente, un mundo propio forxado por personaxes que vagan nun antes, nun durante e nun despois perpetuos, nesa irrealidade real de ficción e verdade, maxistralmente ben tecida por An Alfaya, quen, palabra a palabra, nos conduce polos camiños da dor eterna, da soidade e do illamento dos seres do páramo.
Así, a través da historia dos amores cruzados entre Bernarda, Filomena, Primitivo, Elixio e Aurelio, espectros nun mundo sen tempo, asistimos aos seus soños, temores, angustias, traizóns e lembranzas para decatarnos de que todo é arrastrado cara ao nada, cara ao lado escuro dese espazo que se transformou en luz. Precisamente será con esa luz coa que debuxe as imaxes Cristovo do Val, eterno buscador de fotos con cheiro.

Bio autor

{title} {text}

Autor/a:
An Alfaya
ISBN:
978-84-7824-579-6
Páxinas :
194

Noticias

Novidades da Trabe