Migracións na Galicia contemporánea

Email

Prezo
20,00 €
Prezo / kg:
Descrición

Neste volume recóllense a maior parte dos relatorios presentados no curso de extensión universitaria da Universidade de Vigo titulado As migracións nas sociedades con­temporáneas. Os desafíos na Galicia actual, que tivo lugar na vila de Caldas de Reis en xullo de 2007. Estruturamos os contidos en varias sesións para fornecer un estado das inves­tigacións sobre a emigración galega, a par­ticipación feminina nos movementos migra­to­rios e a pegada deles no mundo actual, tan globalizado en termos económicos e de mo­bilidade de man de obra como socialmente inxusto no que atinxe ás desiguais oportu­nidades que teñen as persoas para acceder a empregos, formación e condicións de vida digna en función desa lotería macabra que é o lugar xeográfico, o grupo social e a familia na que lles tocou nacer.

As persoas participantes (profesorado de en­sino primario e secundario, estudantes uni­versitarios, traballadores sociais e outros) ache­gáronse a esa perspectiva xeral e com­parada das investigacións recentes sobre as migracións contemporáneas e, sobre todo, das súas implicacións na sociedade galega actual.

É tamén unha magnífica oportunidade para demostrarlle ao mundo globalizado que a nosa é unha terra de acollida aberta o mesmo que o foi de partida para milleiros de galegos que fixeron as Américas polo mundo nos últimos douscentos anos.

Autor/a:
VV.AA.
ISBN:
978-84-7824-541-3
Páxinas :
404

Noticias

Novidades da Trabe