Galeg@s da habana

Email

Prezo
15,00 €
Prezo / kg:
Descrición

Galeg@s da Habana conta a historia daqueles fillos e fillas de Galicia que vi­viron moi­to tempo, ou ficaron para sem­pre, na ca­pital cubana asolagados na saudade. Moitos dei­xaron a súa pegada na sociedade ha­baneira durante a máis numerosa emi­gra­ción cara a Amé­rica desde a Galicia do sé­­culo xx.
Na alborada desta memoria aínda vi­ven as luces de Fontenla Leal, Ra­món Cabanillas, Curros, Castelao, Neira Vilas e outros in­telectuais que viviron na Habana du­rante os séculos xix e xx.
Resulta imposible borrar as pegadas galegas da historiografía de Cuba. Ga­legos loitaron a carón dos cubanos na guerra de in­de­pen­dencia. Parti­ci­paron no asalto ao cuartel Moncada, onde al­gúns morreron. Outros cae­ron na Serra Maestra durante a última gue­rra librada na illa… é o legado histó­rico desta es­tirpe de revolucionarios.
Galeg@s da Habana tenta ser un re­trato do espírito galego-habaneiro a través do difícil e longo proceso da adaptación do emigrado en terra cu­ba­na, un retrato da férrea vontade para enfrontar o afastamento de Galicia, on­de deixou familia, ami­gos e as lem­bran­zas da infancia que sempre abrollan moi nítidas durante o tránsito pola lon­xe­vidade.

Autor/a:
Ángela Oramas Camero
ISBN:
978-84-7824-533-8
Páxinas :
264

Noticias

Novidades da Trabe